Actuación do cuarteto IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais) o 20 de Maio do 2008 no Centro Cívico de San Diego na Coruña.
IGAEM
O Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais -IGAEM- é un organismo autónomo de carácter comercial adscrito á Consellaría de Cultura de Deporte. Ten por obxecto o desenvolvemento da política cultural da Xunta de Galicia en relación coa produción, promoción e difusión das actividades do teatro, a danza e a música, tarefas que lle competen segundo a súa lei de creación -Lei 4/1989, de 21 de abril-, modificada pola Lei 2/1991, de 14 de xaneiro.
O IGAEM actúa ao mesmo tempo como organismo promotor das artes escénicas e musicais galegas e como servizo público para fomentar o acceso dos cidadáns á cultura. En ambos os dous casos, a consecución dos seus obxectivos está condicionada pola creación dunha industria galega do teatro, a danza e a música innovadora e competitiva.
Por este motivo, o Instituto inicia en 2006 unha nova etapa, orientada fundamentalmente a apoiar o crecemento das empresas do sector cara á constitución dun mercado das artes escénicas e musicais amplo e dinámico.
Liñas de traballo
* Potenciación das políticas de fomento do sector.
* Procura dun maior equilibrio entre as tres áreas competencia do IGAEM: teatro, danza e música.
* Dinamización das vías de comunicación coa cidadanía e cos profesionais e empresas das artes escénicas e musicais.
* Reforzo da imaxe pública do organismo.
* Primacía dos criterios de calidade, eficiencia e transparencia na xestión.
* Integración transversal das políticas sociais.
Funcións do IGAEM
* Programar, realizar e producir espectáculos teatrais, coreográficos e musicais.
* Organizar a súa distribución e exhibición, e darlle pulo á súa difusión tanto en Galicia como fóra dela -en especial naqueles núcleos de emigración galega de fonda tradición- coa finalidade de manter e facer medrar os vínculos culturais.
* Potenciar e incentivar a actividade empresarial nos eidos das artes escénicas e musicais, coa realización a estes efectos de coproducións ou coa celebración de convenios e concertos con empresas artísticas de carácter profesional.
* Contribuír á formación técnica e artística daquelas persoas que se dediquen de xeito profesional, ou cando menos habitual, ás actividades teatrais, coreográficas e musicais.
* Programar, xestionar e administrar os centros e as unidades de produción, arquivo, información, investigación teatral, coreográfica e musical dependentes da Xunta de Galicia.
* Deseñar e desenvolver unha infraestrutura e uns equipamentos técnicos de interese para as actividades da súa competencia.
* Concluír e manter actualizado o inventario e catalogación do patrimonio escénico e musical galego, así como informar permanentemente del.
* Celebrar convenios e concertos con institucións públicas e privadas para levar a cabo as tarefas da súa competencia.
* Calquera outra iniciativa e acción tendente á consecución dos obxectivos que se lle atribúen.
Tags: cuarteto igaem gaita pandeiro pandeireta tambor requinta bombo folk galego celtic music son coruña